Saldo

  • Total 578
  • Argumentativos 58
  • Descriptivos 25
  • Dramáticos 22
  • Expositivos 97
  • Narrativos 226
  • Poéticos 150

Cunetas |

Obra: Poesía enteira | Autor: Luís Pimentel | Tipo: Poético | Etapa: Secundaria | Lecturas: 2455
Outra vez, outra vez o terror!
Un día e outro día,
sen campáns, sen protesta.
Galicia ametrallada nas cunetas
dos seus camiños.
Chéganos outro berro.
Señor, que fixemos?
-Non fales en voz alta-
Ata cando durará este gran enterro?
-Non chores que poden escoitare.
Hoxe non choran máis que os que aman a Galicia-
Os millerios de horas, de séculos,
que fixeron falla
para facer un home!
teñen que se encher aínda
as cunetas
con sangue de mestres ou de obreiros
Lama, sangue e bágoas nos sulcos
son semente.

Docemente chove.
Enviso, arrodéame unha eterna noite.
Xa non terei palabras para os meus versos.

Desvelado, pola mañá cedo
baixo por un camiño.
Nos pazos onde se trama o crime
ondean bandeiras pingando anilina
Hai un aire de pombas mortas.
Tremo outra vez de medo.
Señor, este é o home.
Todas as portas están pechadas.
Con ninguén podes trocar o teu sorriso.
Nos arrabás,
bandeiras batidas e esfarrapadas.
Deixa atrás a vila

Ti sabes que tódolos días
hai un home morto na cuneta,
que ninguén coñece aínda.
Unha muller sobre o cadáver do seu home
chora.
Chove
Negra sombra, negra sombra!
Eu ben sei que hai un misterio na nosa terra,
mais alá da néboa,
mais alá do mar,
mais alá da choiva,
mais alá do bosque.
Banco de Textos - http://recursosdidacticos.es/textos
Diseñado por Sergio Abad como material de aula para uso didáctico