Encomenda
Obra: Vento mareiro | Autor: Ramón Cabanillas | Tipo de texto: Poético | Etapa: Primaria | Lecturas: 138
Compartido por: Pablo Nine el 2023-05-11
Leer en pantalla | PDF | Favorito
A ti, miña muller, arca pechada
que no seu fondo garimoso encerra
o que me queda santo sobre a terra,
van estes versos de visión dourada.

Eles diranche que, ó través da vida,
sempre, sempre miña alma soñadora
pideulle a Dios que na postreira hora
cerre os meus ollos esa man querida.

E neles vai, paxaro cara ó niño,
agardando que o colla con cariño,
este meu rogo que a visión compreta:

Quero na lousa que me dé sosego
esta palabra que ten luz: "Gallego"
e esta palabra que ten ás: "Poeta".

¿Recomendarías su lectura en el aula? Por favor, valora del 1 al 10 este texto.

Valoración: 7.0/10 (1 voto)


Consultas y sugerencias en sergioabad@gmail.com o en Twitter: @sabad
Conoce también mis otros recursos didácticos: El generador de fichas para imprimir, Dicta2.0 y Goodrae

Licencia Creative Commons