- 572 textos
- 72 audio-lecturas
- 194 prop. didácticas
- 7167 usuarios
- Argumentativo (60)
- Descriptivo (25)
- Dramático (21)
- Expositivo (97)
- Narrativo (224)
- Poético (145)
- Romance sonámbulo (10.00)
- La poesía (10.00)
- La increíble historia de la abuela gánster (fragmento) (9.43)
- Percy Jackson y los dioses del Olimpo (fragmento) (9.00)
- 20.000 leguas de viaje submarino (fragmento) (9.00)
- Romance del Conde Olinos (8.88)
- Por escrito gallina una (10264)
- Don Juan Tenorio (fragmento II) (8581)
- Platero y yo (fragmento) (8030)
- Harry Potter y la piedra filosofal (6539)
- Fortunata y Jacinta (fragmento) (5819)
- El monte de las Ánimas (fragmento) (4587)

![]() ![]() ![]() ![]() |
Hai moito tempo, vivía en Castrelos, Vigo, un ferreiro que deixara pasar os días da súa mocidade sen decatarse de que había mulleres no mundo. Pero, chegando xa a vello, deulle por se namorar totalmente dunha rapaza moi nova, cobizada por todos os mozos da parroquia. O ferreiro era rico e logrou conquistar a mellor moza de Castrelos; mais os mozos, ofendidos, propuxéronse amargarlle a vida.
O vello namorado cravou as fiestras da casa, pechou a muller dentro e nin con iso logrou durmir acougado, porque cada noite os mozos cantaban e maldicían o vello e a súa relación.
A muller do ferreiro era moi devota e tras moito suplicar, logrou permiso do seu marido para ir á misa todos os días. A casa estaba a carón do adro, e a porta sur da igrexa daba dereitiño á porta da ferrería, de xeito que o ferreiro podía traballar ollando á súa muller na misa. Nin así, a coitada muller tiña a paz buscada, pois os ollos ciumentos do seu home feríana de lonxe coas súas dúbidas.
Unha mañanciña, chegou pola porta da ferrería unha vella lurpia, tida por meiga en todo Castrelos e nos seus arredores, e silenciosamente, díxolle ao ferreiro estas verbas envelenadas:
— Por moitas voltas que lle deas, ti morrerás axiña e a túa muller volverá casar... Casará cun rapaz xove e ben parecido...
Naquel intre a pobre casada, de xeonllos na igrexa, pedíalle axuda a Santa María. O vello ferreiro viuna e sentiu que se lle subía á cabeza todo o sangue do seu corpo. Alporizado polos ciumes, colleu un ferro e meteuno no lume para poñelo de contado dun roxo luminoso... Entón, o ferreiro colleu o ferro candente e encamiñouse á igrexa, disposto a acabar, diante de Deus mesmo, coa fermosura da súa muller.
E Deus, o bo Creador de todo, non quixo que o ferreiro desfixese unha das súas mellores obras, e cando o ferreiro, cego de ciumes, ía entrar na igrexa, tapouse a porta supetamente cunha parede de pedra.
O milagre foi sonado naquel tempo e, aínda hoxe, a porta sur da igrexa de Castrelos aparece tapada.
Dúas Lendas ("Revista Nós", nº 73)
¿Recomendarías su lectura en el aula? Por favor, valora del 1 al 10 este texto.